fbpx

O Inspector, con Muxicas Teatro, en Allariz

Compárteo!

Máis

17 Febreiro, 2019 18:30 - 20:00

Casa da Cultura de Allariz

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

Este domingo, 17 de febreiro, ás 18:30 horas, Teatro Muxicas levará a súa obra ‘O Inspector’ ao Concello de Allariz.

Chega a nova á cidade de que apareceu un inspector do goberno para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudo sobre a limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes. O lugar está gobernado por políticos corruptos que, ante a noticia, son presa do pánico e deciden eliminar todas aquelas probas que os puideran comprometer. Así comeza a obra “O inspector”, de 60 minutos de duración, do grupo teatral Muxicas, composto por actrices e actores invidentes pertencentes á ONCE en Ourense.

“O inspector” é unha comedia de ritmo frenético, onde un elenco de dez actores dan vida nas táboas ao clásico texto de Nikolái Gógol, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey. Con esta obra o grupo vén de gañar o Premio do Público na XI Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” do Carballiño hai só uns días.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close