fbpx

O home da cámara. Caspervek Cine mudo música en directo

Compárteo!

19 Outubro, 2019 21:00

BenComún Espazo

Torre Lombarda, 1 Baixo Allariz

988 680 892

  • Localidade

    Allariz

Foto de Fundación Vicente Risco.O home mudo, de Dziga Vertov (URSS, 1929), será a 3ª película proxectada deste ano no V Ciclo de Cine e Música en Directo con Caspervek

Para esta ocasión, Caspervek contará ademais cunha convidada de luxo: Marta Sancho Andrés, catedrática de clarinete no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Lembrade que as proxeccións realizaranse no local de BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1 Baixo, Allariz).

Entrada solta: 15,00 €
Podedes adquirila na Fundación Vicente Risco, sábados e domingos de 12h a 14h, ou en BenComún o día da proxección.

SINOPSE:
O Home coa Cámara, moi na liña de ‘Berlín, sinfonía dunha gran cidade’ é un retrato de San Petersburgo composto por centos de pinceladas fílmicas sobre a vida cotiá nesa cidade. Un retrato puntillista no que só a totalidade dos breves retallos permiten percibir San Petersburgo na súa totalidade.
Coa complicidade do seu irmán, o operador Mijail Kaufman, Vertov, fiel á súa teorías, non permite nin por un momento supoñer que algún deses retallos poida ser inventado; por iso, na vertixinosa montaxe que plasma a fascinación de Vertov polo construtivismo e o futurismo, introduce constantemente imaxes do operador que coa súa cámara está a filmar a realidade que o rodea.

FICHA TÉCNICA:
Título orixinal: Chelovek s kino-apparatom (The Man with a Movie Camera)
Ano: 1929
Duración: 67 min.
País: Unión Soviética (URSS)
Dirección: Dziga Vertov
Guión: Dziga Vertov
Fotografía: Mikhail Kaufman
Reparto: Mikhail Kaufman

Próximas películas do IV Ciclo:
– 19 outubro: “O home da cámara”
– 16 novembro: “Häxan. A bruxaría a través do tempo”.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close