fbpx

O gabinete do Doutor Caligari. Caspervek Cine mudo e música en directo

Compárteo!

29 Febreiro, 2020 21:00

BenComún Espazo

Torre Lombarda, 1 Baixo Allariz

988 680 892

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

988 680 892

  • Localidade

    Allariz

O gabinete do Doutor Caligari con CaspervekComezamos con este clásico a nova edición do Ciclo de Cine Mudo e Música en Directo Caspervek.

LUGAR DE PROXECCIÓNS: Local de BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1 Allariz).

Este ano cobraremos ENTRADA INDIVIDUAL para cada sesión:
PREZO: 7€ ( 5€ para mecenas da Fundación Vicente Risco ).

PODERASE RESERVAR ENTRADA EN: info@bencomun.gal /Tel. 988 680 892

SEGUINTES PROXECCIÓNS DO CICLO:
– AS TRES IDADES (9 maio)
– O HOME MOSCA (6 setembro)
– O CORCOVADO DE NOTRE DAME (14 novembro)

‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ (título orixinal) é un filme alemán mudo e de terror, dirixido por Robert Wiene e escrito por Hans Janowitz e Carl Mayer que foi estreado en 1920.

É un dos máis influentes filmes do expresionismo alemán e un dos mellores filmes de terror do cine mudo. O guión está inspirado en varias experiencias vividas por Janowitz e Mayer, ámbolos dous pacifistas que desconfiaban da autoridade despois das súas experiencias vividas durante a Primeira Guerra Mundial.

SINOPSE

Sentado no banco dun parque, Francis anima ó seu compañeiro Alan para que vaian a Holstenwall, unha cidade do norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor Caligari. Un empregado municipal que lle nega ó doutor o permiso para actuar, aparece asasinado ó día seguinte. Francis e Alan acoden a ver ó doutor Caligari e a Cesare, a súa atracción somnámbula, que lle anuncia a Alan o seu porvir: morrerá ó día seguinte.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close