Máis
29 Febreiro, 2020 21:00
BenComún Espazo
Torre Lombarda, 1 Baixo Allariz
988 680 892
Organizado Por
Fundación Vicente Risco
Comezamos con este clásico a nova edición do Ciclo de Cine Mudo e Música en Directo Caspervek.
LUGAR DE PROXECCIÓNS: Local de BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1 Allariz).
Este ano cobraremos ENTRADA INDIVIDUAL para cada sesión:
PREZO: 7€ ( 5€ para mecenas da Fundación Vicente Risco ).
PODERASE RESERVAR ENTRADA EN: info@bencomun.gal /Tel. 988 680 892
SEGUINTES PROXECCIÓNS DO CICLO:
– AS TRES IDADES (9 maio)
– O HOME MOSCA (6 setembro)
– O CORCOVADO DE NOTRE DAME (14 novembro)
‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ (título orixinal) é un filme alemán mudo e de terror, dirixido por Robert Wiene e escrito por Hans Janowitz e Carl Mayer que foi estreado en 1920.
É un dos máis influentes filmes do expresionismo alemán e un dos mellores filmes de terror do cine mudo. O guión está inspirado en varias experiencias vividas por Janowitz e Mayer, ámbolos dous pacifistas que desconfiaban da autoridade despois das súas experiencias vividas durante a Primeira Guerra Mundial.
SINOPSE
Sentado no banco dun parque, Francis anima ó seu compañeiro Alan para que vaian a Holstenwall, unha cidade do norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor Caligari. Un empregado municipal que lle nega ó doutor o permiso para actuar, aparece asasinado ó día seguinte. Francis e Alan acoden a ver ó doutor Caligari e a Cesare, a súa atracción somnámbula, que lle anuncia a Alan o seu porvir: morrerá ó día seguinte.