fbpx

O Cinematomago, co Mago Paco, no Carballiño

Compárteo!

31 Marzo, 2019 18:00

Auditorio do Carballiño

Av. do Balneario, 28 32500 O Carballiño Ourense

  • Localidade

    O Carballiño

O Cinematomago, co Mago Paco

O Cinematomago, co Mago Paco

O domingo 31 de marzo o CineClub Carballiño organiza un espectáculo dirixido a toda a familia: O Cinematomago, co Mago Paco.

Un cinematógrafo é un aparello que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago é unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é ese personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.

Tod@ s escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cinema”. Pois nesta ocasión a través da súa cinematomago, o mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos clásicos do cinema de todos os tempos a través da maxia. Convertendo esas míticas escenas nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público. Emoción, recordos, gargalladas e moita ilusión espérannos neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito.

Preparad@s para vivir a maxia do cinema en directo?

O custo da entrada é de 4 euros en despacho de billetes e 3 euros en venda anticipada.
O espectáculo comezará ás 18:00 horas, no Auditorio municipal Manuel María do Carballiño.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close