fbpx

O Camiño inmersivo

Compárteo!

7 Setembro, 2019 11:00 - 21:30

Verín

Verín, 32600 Ourense

  • Localidade

    Verín

O Camiño inmersivoUnha inmersión é una nova forma de vivir a ficción en primeira persoa, mergullándote nunha historia como protagonista da mesma. A inmersión é una experiencia próxima ao teatro, o cine e a improvisación, sen ser nada diso e incluíndoas ao mesmo tempo.

A historia na que serás absorbido como personaxe está guiada por actores profesionais. Non podemos desvelar os detalles, é secreta, pero podemos adiantarche que coñecerás a un científico tolo, a peregrinos de todas as épocas e ao mesmísimo Alfonso II. Ademáis, viaxando na máquina do tempo, quizás sexas quen de evitar unha catástrofe no pasado e salvar así o futuro de todas nós.

A inmersión estará dividida en tres partes, que terán lugar en diferentes espazos e a diferentes horas durante o día 7 de setembro:

– Cabina de contexto, ás 11 na Praza García Barbón.
– Porta máxica, ás 16h na entrada do Camiño a Verín.
– Portal do tempo, ás 19h na Praza da Merced

As dúas primeiras actividades son gratuítas e de libre acceso. Teñen unha duración de aproximadamente 20 minutos.

A terceira, A GRAN INMERSIÓN, ten un custo de 30€ e unha duración de dúas horas.

O Camiño Inmersivo é unha proposta cultural enmarcada dentro das actividades vencelladas á promoción do vindeiro Xacobeo 2021.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close