fbpx

O Afiador. Maxia co Mago Teto en Barbadás

Compárteo!

29 Marzo, 2019 19:00

Casa da Cultura Manuel María. A Valenzá, Barbadás

Casa da Cultura Manuel María (A Valenzá)

  • Localidade

    Barbadás

Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta herdada polo Mago Teto dos seus ancestros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX -e practicamente extinguido no século XX- desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses -mesmo anos- coa única compaña da súa roda.

Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas.

Un show que pode representarse tanto en interior coma en exterior. Esta última versión vai acompañada dun pasarrúas no cal o ilusionista fai xogos de maxia de cerca aos viandantes. O espectáculo adáptase moi ben para feiras e eventos en exterior, xa que todo vai “auto-contido” na tarazana (nome que recibe a roda en barallete) que porta o ilusionista.

Público infantil e familiar.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close