Máis
30 Decembro, 2020 18:00
Campo da Barreira, Allariz
Organizado Por
Fundación Vicente Risco
Localidade
Allariz
A Asociación Cultural A Bela Auria e o programa Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, coa colaboración da Fundación Vicente Risco e BenComún Espazo, pecharán en Allariz as actividades da asociación no marco do centenario de Nós.
O próximo mércores, 30 de decembro, na FONTE DO CAMPO DA BARREIRA (Allariz) ás 18:00h desenvolverase un programa que comezará cunha visita teatralizada á vila baixo o título ‘Nós, as mulleres‘ e que rematará na Fundación Vicente Risco.
Unha vez finalizada a visita, presentarase o proxecto PRATEA.GAL, mapa literario da Vía da Prata.