fbpx

Noite de S. Xoan en San Roque, Lobios

Compárteo!

23 Xuño, 2019 19:30

Lobios

Lobios, Ourense

  • Localidade

    Lobios

Xuntarémonos no aparcamento de Lobios para subir ata o San Roque de Lobios, onde iniciaremos o noso percorrido polos barrios de Lobios para coller a auga de sete fontes, e logo iremos ata o mirador de Piteira para ver a máxica posta de sol, para voltar ó San Roque facer a sardiñada e a queimada, xunto cos rituais da noite de San Xoán: a auga de San Xoán e o ramiño para colgar na porta e protexernos dos malos augurios.

Despois da queimada imos facer o lume de San Xoán, para saltar a fogueira e purificarnos, así que convidámosvos a traer instrumentos para acompañar esta máxica noite co son da nosa música.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close