fbpx

Mundo Obrero

Compárteo!

11 Abril, 2019 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

Café A Tranquilidade, Avenida do Paralelo, Barcelona, anos 20 do século pasado. Un esmoleiro achégase a unha mesa e pide unha moeda a un home. Leste saca unha pistola da súa chaqueta, ponlla na man ao esmoleiro e dille: “Ve a un banco e colle o que necesites. É teu”.

Comeza a música. Así arrinca este relato, que retrocederá ao último terzo do século XIX, á creación do movemento obreiro, e irá avanzando, a través das loitas no campo e na cidade, cara aos anos 30 do século XX, o momento de máxima efervescencia social, o exterminio da guerra e a guerra despois da guerra, as primeiras gretas no silencio a finais dos 50, a inmensa onda do antifranquismo, o fin da ditadura e da mobilización social que terminara con ela, a vitoria do partido socialista, o fin do movemento obreiro, “as catro mellores décadas e a nosa historia”, e de novo, as loitas de sempre pero agora nun mundo distinto, postindustrial, tecnolóxico.

Todo a través de personaxes históricos pero tamén a través dunha serie de personaxes anónimos, inventados, cercanísimos.

Os nosos avós, pais, nós mesmos. Buscando unha casiña, unha tierrita, un anaco de pan, un investimento millonario, poder durmir ao deitarse, exhaustos. E todo nun formato de comedia musical. O café A Tranquilidade converterase nun oliveiral estremeño, un canellón de Lavapiés, o Congreso dos Deputados, unha oficina de teleasistencia, o saloncito dun piso en Sanchinarro… Alí cantaranse discursos e diálogos e rirémonos xuntos. As nosas risas serán balas que ao acertar non matan. Dan vida.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close