fbpx

Monstruación. Teatro en Barbadás

Compárteo!

9 Marzo, 2019 20:00

Casa da Cultura Manuel María. A Valenzá, Barbadás

Casa da Cultura Manuel María (A Valenzá)

  • Localidade

    Barbadás

Monstruación, unha comedia monstruosa! Monstruosamente divertida, a obra trata sobre tres bonecas Bárbara, Nansy e Barri que están inquedas porque á súa dona, “América” (Tamén alter-ego da “monstruación”), veulle a regra e deixa de xogar con elas. Estes personaxes vanse humanizando para contarnos as súas experiencias vitais individualmente:

Bárbara, ten millóns de ocupacións profesionais, está operadísima e casada con Ken.

Nansy, esquiadora de elite en Alacante, ve como a súa vida persoal e profesional é interrompida pola súa amiga América.

E Barri, emigrante dunha reserva india, traballa como tele operadora no teléfono da esperanza, está casada cun dos seus curmáns ao que lle deu unha chea de fillos e está farta de non facer nunca porcalladas na cama.

Chegadas a un punto as actrices interrompen a peza argumentando que o que están a facer non é apropiado e que de feminista ten máis ben pouco. Despois de varias discusións entre elas, deciden retomar a obra cun rito de agradecemento á menstruación, que vira arredor dunha urna chea de compresas, copas vaxinais e tampóns para renderlle homenaxe por existir. Ao fin e ao cabo tod@s estamos neste mundo grazas a ela!

TIPO: Teatro Breve.
XÉNERO: Comedia.
SUBTIPO: Comedia Feminista.
Recomendada para maiores de 16 anos en adiante.
Data: Sábado, 9 de marzo ás 20h
Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Entrada libre con invitación ata completar aforo (recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close