fbpx

Miguel Lago. Monólogo no Auditorio de Ourense

Compárteo!

20 Setembro, 2019 21:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

MIGUEL LAGO Monólogo en OurenseMiguel Lago volveuno facer. Despois de varias tempadas de éxito con “Son un miserable”, o cómico galego sobe ao escenario cun espectáculo completamente novo e inédito en televisión.
Tras as súas soadas e aplaudidas aparicións en “El club de la comedia” , “Late motiv by Buenafuente” ou “La resistencia” con David Broncano, estrea un show que foi concibido como unha catarse, unha explosión de sinceridade coa súa particular e sarcástica maneira de ver o mundo; Miguel preséntase disposto a “poñer orde dunha maldita vez” ante o caos que o rodea.
Se xa che pareceu un “cabronazo” no seu momento, prepárate, porque en palabras do propio artista: “se non me denuncian por este monólogo eu xa non se que máis facer”.
Atréveste a vir e esmendrellarte de risa?
Última oportunidade para ver o mellor espectáculo ata a data do cómico galego.
Entradas en ataquilla.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close