fbpx

Mbira Dúo no Festival Pórtico do Paraíso

Compárteo!

20 Marzo, 2019 20:30

Igrexa da Mercé de Verín

Rúa da Mercede, 15, 32600 Verín, Ourense, España

  • Localidade

    Ourense

Concerto de Mbira Dúo na Igrexa de Santa Mª Nai dentro da programación do XII Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso

Irene Rodríguez e Noè Rodrigo compoñen Mbira-duo, un dúo que naceu no ano 2014. Os seus integrantes, de Ribadeo (Lugo) e Altea (Alacant), coñecéronse no Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA), onde iniciaron este proxecto. Despois da graduación en 2014, continuaron os estudos no Conservatorium van Amsterdam, onde realizaron un máster de dous anos tanto en percusión solista e orquestral coma en dúo de percusión.

Colaboran regularmente con orquestras e ensembles de primeiro nivel, como a Royal Concertgebouw Orchestra de Ámsterdam, Orquesta Sinfónica de Galicia, Frankfurt Radio Symphony Orchestra en Alemaña, Nederlands Philharmonic Orkest, Royal Flemish Philharmonic en Bélxica, Orchestra do Teatro Massimo de Palermo en Italia, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Orquesta Ciudad de Granada, AskoISchönberg ensemble, Nieuw Amsterdams Peil, New European Ensemble, Slagwerkgroep Den Haag e Lucerne Festival. Formaron parte tamén das mellores orquestras novas, nacionais e internacionais, como a Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), Euskal Herriko Gazte Orkestra (EGO), Jove Orquestra Nacional de Catalunya (JONC),

Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia (OJSG), European Union Youth Orchestra (EUYO), Lucerne Festival Academy Orchestra, Gustav Mahler Jugend Orchester (GMJO), Nederlands Jugend Orkest (NJO) e Symphony Orchestra Academy of the Pacific en Canadá (SOAP).

Como dúo, participaron no ciclo Música al So de l’aigua en Altea (Alacant), así como no proxecto Combatir el fracaso escolar con la música (Iniciativa do IES Altaia, Altea), no ciclo Músicas posíbeis en Ribadeo e no IX Ciclo de música y patrimonio de Ejulve (Teruel). Deron clases maxistrais na Escola Municipal de Música de Ribadeo, no Conservatorio Profesional de Música de Lugo e formaron parte da canteira de profesores do Festival Merza Percusión en 2017 e 2018. Participaron nos festivais Minimal Music Festival, en Ámsterdam, II Festival de Música Contemporánea de Ponferrada, Festival Internacional de Música de Navas de San Juan (Jaén), Festival Internacional de Percusión de Galicia (FIP Galicia) e no FIP Zaragoza e ofreceron dous concertos no Festival Internacional de Música de Santander 2018.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close