fbpx

Masterclass De Frauta con Iago Lariño en Xinzo de Limia

Compárteo!

30 Marzo, 2019 14:00 - 17:00

Agrupación Musical da Limia

Rúa ladeira, 6 Xinzo de Limia

  • Localidade

    Xinzo de Limia

Masterclass De Frauta con Iago Lariño

Masterclass De Frauta con Iago Lariño

Iago Lariño Rodal nace en 1984 en Cangas do Morrazo. Realiza os seus estudos de frauta travesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Posteriormente amplía a su formación na Hochschule für Musik Detmold co mestre János Bálint, onde remata o posgrao de Konzertexamen. Ademais asiste a numerosos cursos e masterclasses con frautistas de recoñecido prestixio.

Formou parte da Orquesta Joven Sinfónica de Galicia (OJSG), da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), da Nationaal Jeugd Orkest (NJO), da World Youth Orchestra (WYO) e da Joven Orquesta Internacional “Ciudad de Oviedo” (JOICO). Ademais foi membro da Duisburger Philarmoniker (tempada 2009/2010), reserva da Gustav Mahler Jungedorchester (GMJO), colaborador da Orquesta Sinfónica de Euskadi (OSE) e da Orquesta Sinfónica del Vallés (OSV). Esta intensa actividade orquestral levouno a colaborar con orquestras como a Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG), Orquesta Sinfónica de Euskadi (OSE), Oviedo Filarmonía (OFIL), Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias (OSPA), Orquesta Filarmónica de Gran Canaria (OFGC), Orquesta Sinfónica de Castilla e León (OSCyL), Real Filharmonía de Galicia (RFG) ou Orquestra Clássica da Madeira (OCM).

En canto ao seu labor docente, deu clase en diversas escolas de música e conservatorios. Impartiu cursos de frauta en Caldas de Reis, Barbadás, Cangas, Vilagarcía, Vilalba, Agolada, Meaño ou na Federación de Bandas de Música Populares de Galicia. No ano 2008 aproba as oposicións ao corpo de profesores de música e artes escénicas da Xunta de Galicia e actualmente é profesor de frauta e banda no CMUS “Manuel Quiroga” de Pontevedra.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close