fbpx

Maratón Fotográfico do Carballiño

Compárteo!

18 Maio, 2019 12:00

O Carballiño

  • Localidade

    O Carballiño

Maratón Fotográfico do CarballiñoMaratón Fotográfico do Carballiño
Organizado pola Asociación Fotográfica O Potiños en colaboracion co Concello de Carballiño e o Centro Comercial Aberto.
O día do maratón será o 18 e o 19 de maio.

Na nosa paxina web potinos.com poderedes ler as bases para o maratón e tamén facer unha preinscrición, e o dia 18 de maio entre as 12:00h e a 13:00h, abonar a cantidade de 5€ para formalizar a inscrición.

Concederanse tres premios as series (1 serie serán 4 fotografias)

1ºpremio —- 500 € en efectivo que pagará o Concello do Carballiño.
2ºpremio —- 300 € en vales de compra que dará o CCA.
3ºpremio —- 100 € en vales de compra que dará o CCA.

Ós premios aplicaráselles a retención fiscal vixente.
O Xurado poderá establecer algún outro premio especial se así o estimase pertinente.

Os premios entregaranse na inauguración da Exposición dos traballos o dia 25 de Maio no Multifuncional Manuel María do Carballiño ás 19:00h.
O veredicto do xurado terá lugar o día da inauguración desta exposición é será inapelable.

Esperamos vervos no Carballiño e asi podamos pasar unha xornada disfrutando coa fotografia que é o que nos gusta.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close