fbpx

Maram al-Masri. Recital poético en Allariz

Compárteo!

18 Decembro, 2019 20:30 - 21:30

Fundación Vicente Risco

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

  • Localidade

    Allariz

Maram Al Masri en AllarizA poeta siria Maram al-Masri ofrecerá este mércores 18 de decembro ás 20:30h un recital poético na Fundación Vicente Risco, nun acto presentado por Xosé Rodríguez Díaz.

Na súa viaxe a Galicia, a poeta participa no Festival de Poesía Poemaria (Vigo) e no ciclo Poetas di(n)versos (A Coruña), e este mércores 18 visitará tamén a vila de Allariz, onde teremos a sorte de poder escoitar os seus poemas recitados en árabe, en castelán (un dos moitos idiomas nos que foron publicados os seus libros) e tamén en galego, grazas ás traducións da poeta Yolanda Castaño, responsable tamén da organización desta visita que tanto nos honra.
—-
Nada en Lataquia (Siria) en 1962, Maram al-Masri graduouse en Literatura Inglesa na Universidade de Damasco. En 1982 exiliouse en Francia, mais foi a capital siria quen vería publicado polo Ministerio de Cultura, dous anos máis tarde, un primeiro poemario escrito en colaboración: Ameázote cunha pomba branca.

Dedicada dende entón á literatura e á tradución, foi publicando libros de poemas en árabe e vertidos a nove idiomas distintos, polos que recibiu galardóns internacionais coma o Premio Adonis no Líbano, o Premio Société des Gens de Lettres de Francia, o Calopezatti e o Premio NordSud di Letteratura en Italia, igual ca o Laurentum Dante Alighieri e mais o Premio Fiore D’Argento á Excelencia Cultural, o Antonio Viccaro de Trois-Rivières (Quebec) ou o Al Bayane de poesía francófona (Marrocos). Ademais, o seu nome soou entre as nomeadas ao Premio Nobel en 2016.

Só en España e en tradución ao castelán, cóntase con nove títulos: Cereza roja sobre losas blancas (2002), Te miro (2005), El retorno (2007), Señales del cuerpo (2010), Almas con pies desnudos (2016), Desnuda va la libertad (2017), El vestido arrugado (no prelo) e El rapto (pendente de publicación nunha edición especial ilustrada por Rafael Canogar).

Fondamente comprometida coa loita a favor do seu país, máis aínda dende o estalido da revolución siria, Maram al-Masri é hoxe unha das grandes voces poéticas de Oriente Medio e de Francia.

‘O paxaro
que o po debuxou no teito
quedou contemplando só
unha cama
baleira.’

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close