fbpx

Mad Martin trío en concerto

Compárteo!

14 Agosto, 2020 22:30

Sete Flores (O Carballiño)

Rúa das Flores, 7, 32500 O Carballiño (Ourense)

  • Localidade

    O Carballiño

Debutaron no 2014 “It Was A Very Good Year”. Despois veu “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo sello sueco Vintjärn Records. “Eileen”, incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do año en El Sótano de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartaz dese ano.

Dende entón non pararon de tocar por media Europa e toda a xeografía española, dende o Big Lake Run ou o Rock at Sea, ambos en Suecia pasando por Wildest Cats in Town en Inglaterra, el Motorbeach Festival en Asturias, Motor and Mountain Festival, Rockin’ Matxin en Mallorca, Vulcan Rockers en Tenerife, Outono Codax Festival en Compostela entre outros, son algúns dos festivais nos que teñen participado.

Agora presentan “Tornado”, un vinilo en 10” financiado cunha exitosa campaña de crowdfunding, producido por Mike Mariconda e gravado en Barcelona nos Estudios Sol de Sants .Nel poderás atopar temas propios e algunhas versións como “Tornado”, dos Jiants, que da título ao disco e que é unha das favoritas da banda.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close