fbpx

Los labios apretados. Presentación co director Sergio Montero

Compárteo!

13 Xullo, 2019 20:30

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Los labios apretadosO vindeiro sábado 13 de xullo ás 20:30h na CNT-Allariz / CSA A Cambalhota contaremos coa presenza de Sergio Montero, director do documental “Los labios apretados” que trata a Revolución de Asturias de 1934. Presentará este documento histórico e proxectaremos o documental. Ao finalizar poderemos tomar uns petiscos e charlar relaxadamente. Esperámosvos neste acto de recuperación da memoria.

SINOPSE
Sergio, o fillo dun mineiro asturiano, emprende unha viaxe a Buenos Aires sen saber que, en paralelo, inicia outra viaxe: o da memoria. Alí descobre un acontecemento histórico de talle mundial que ocorreu á beira da súa casa; e en ningunha clase de Historia lle contaran nada…
O mozo navega a ambos os dous lados do océano perseguindo o ronsel daquela revolución do ano 34 que, aínda que escoitou nomear algunha vez aos anciáns do seu pobo natal, descoñece por completo.

“Los Labios Apretados” foi rodada en Uruguai, Arxentina e Asturias durante case unha década. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto, dirixido polo documentalista, fotógrafo e investigador asturiano Sergio Montero, dirixe a súa mirada “cara á historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións”.

Recentemente, Sergio Montero recibiu o Premio á Mellor Cinematografía nun documental no SOUTH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 por esta súa ópera prima.

Mais info: https://www.facebook.com/los.labios.apretados.el.documental/

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close