fbpx

Lobo Come Lobo. Recital R.López Vilas e Tato López

Compárteo!

8 Agosto, 2020 20:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Lobo Come LoboEspectáculo presentación do libro ‘Lobo come lobo‘ do poeta vigués Rafael López Vilas no CSA Camba Lhota de Allariz, acompañado do músico Tato Lopez e presentado por Carlos Da Aira.

En Lobo come lobo, todas as cartas están repartidas. A vida está fronte a nós, agardando que comece o horario de apertura dos nosos ollos. Os protagonistas somos todos. A realidade é a redactora da crónica que testemuña a derrota da cidadanía a mans da súa propia desidia e debuxa a súa particular fuxida cara adiante, situándoa diante dun espello, onde pódese contemplar o gran espectáculo do mundo camiñando á deriva, mentres o guitarrista da orquestra do Titanic ilumina a escuridade dos tempos difíciles coas melodías que se desgarran da alma de Tato López, ese músico tolo que envolve coa súa guitarra os versos de Rafael López Vilas.

Tras a presentación, chegará o recital co aderezo musical da guitarra de Tato López e das súas cancións, quen ao longo de todo o repertorio, encargarase de vestir os versos do Lobo cun crisol de sons, e xuntos crearán un espectáculo poético-musical cuxo contido propón furgar sen límites nas miserias sociais e nas contradicións que fan do individuo un individuo peor.

Como un barco fai nas pedras, Rafael López Vilas (El Lobo está aquí) e mailos seus versos, naufragan sen remedio entre o sarcasmo e a terminalidade da súa ironía. Publicou dous poemarios, Lobo come lobo (Versátiles Ediciones) e Recuerdos de la Cisterna (Ediciones Idea). Ademais de tomar parte no poemario colectivo Todo esto era campo, (Versátiles Editorial), foi finalista do Premio Joven de Novela de la UCM 2007 e do certamen Relatos de Viaje Moleskine 2019, e o seu Lobo come lobo, formou parte dos seleccionados para XXVI Premio Andalucía de la Crítica 2020. Ten colaborado en revistas como Narrativas, Hypérbole.es, Eñe, El Coloquio de los perros, De Sur a Sur, Amsterdam Sur, Visor, Ariadna RC, HANKOVER, La Piraña, e participa habitualmente nos recitais de Poesía e Microrrelato Vigo, Pontevedra e Compostela. No 2020 publicará a súa primeira novela e un novo poemario no 2021.

Tato López é cantautor pola súa incapacidade para abandonar á guitarra e pechar á boca. A súa obra é un paseo a través dunhas cancións impregnadas polo tango, o swing ou o son cubano, comprometidas coa realidade social actual. Ademais de publicar tres discos, Ritmo de Arena, 2011, Más allá de las palabras, 2015, e Un lugar llamado mundo, 2016, foi o gañador do certame Utopía Son (2008). Así mesmo, musicou obras de teatro como Tacóns na corda, Desalmadas, O Rei Nú e a recén estreada Crónica dunha heterosexual insatisfeita. Participou en festivais como Barnasants (2013), e presentou os seus discos, en salas como Galileo Galilei ou Liberdade 8. Actualmente está preparando o seu seguinte disco.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close