fbpx

Literarias: Recital, monólogo, performace, narrativa e teatro.

Compárteo!

25 Setembro, 2020 19:30

Biblioteca Pública Municipal de Verín

Av. de Portugal, 11 32600 Verín Ourense

  • Localidade

    Verín

Literarias: Recital, monólogo, performace, narrativa e teatro.A Biblioteca do Concello de Verín organiza conxuntamente coa asociación Clásicas y Modernas a actividade Literarias, espectáculo cunha importante carga pedagóxica, xa que presenta as diferentes formas de cada xénero e as súas posibilidades.
Deste xeito contaremos con algunhas das máis activas representantes de cada unha das vertentes literarias e escénicas do panorama galego: Isabel Blanco (narradora e poeta), Mariana Carballal (actriz, directora e docente) e Silvia Penas (poeta e performer).
O obxectivo é concienciar da importancia da igualdade de xénero, reivindicando a presenza das mulleres na cultura e no discurso público e familiarizar ao público coas diferentes manifestacións literarias
A actividade poderá ser seguida por medio da canle de Youtube da Biblioteca do Concello de Verín o vindeiro 25 de setembro a partir das 19:30h.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close