fbpx

La Lyra no Festival Pórtico do Paraíso

Compárteo!

17 Marzo, 2019 20:30

Igrexia de Santa María Nai

Rúa Santa María, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Concerto de La Lyra na Igrexa de Santa Mª Nai dentro da programación do XII Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso

La Lyra é un grupo concibido e liderado polo especialista en corda pulsada esloveno Bor Zuljan. Centrado fundamentalmente no período renacentista, os seus programas teñen un enfoque creativo e buscan obras orixinais, e rara vez escoitadas, para o que realizan un minucioso traballo de investigación. O grupo, que colabora con frecuencia con grandes solistas, entre os que se encontra o tenor e actor Pino De Vittorio, participou en varios dos grandes festivais europeos. Como consecuencia desta colaboración con De Vittorio, en 2018 editaron o CD Gorzanis – La barca del mio amore, na casa discográfica Outhere Music, que tivo unha gran acollida entre a crítica especializada.

O actor e cantante Pino De Vittorio (Tarento) ten unha longa e frutífera carreira no campo musical, especialmente no ámbito da música barroca e na tradición musical de La Puglia. Comezou a súa carreira como artista popular coa compañía músico-teatral Pupi e Fresedde, que fundou en 1976 xunto a Angelo Savelli.

Máis tarde, ingresou na compañía Nuova Compagnia di Canti Popolari, do musicólogo e escritor italiano Roberto de Simone, en que interpretou papeis protagonistas dos seus títulos máis importantes en xiras por toda Europa e América do Sur.

En 1984 presentou, no Teatro di San Carlo de Nápoles, Crispino e la comare (dos irmáns Ricci), Stabat Mater e Réquiem (ambas as dúas de Roberto de Simone), en memoria de Pier Paolo Passolini. Dentro do Maggio Musicale Fiorentino interveu nunha adaptación moderna de L’Orfeo de Monteverdi realizada por Luciano Berio. Pino De Vittorio é un dos piares de I Turchini, formación vocal e instrumental coa que, xunto con Antonio Florio, profundizou no repertorio renacentista e barroco napolitano e realizou numerosas xiras por Italia, Francia, Bélxica, España, Holanda, Austria, Alemaña, EE.UU, Xapón e México. Tamén é solista nos grupos Media Aetas, Fuggilotio e Ensemble Accordone.

Publicou numerosos discos con I Turchini e, en solitario, gravou dous en que enxalza a música de La Puglia, Le Tarantelle del Gargano e Tarantelle del Rimorso.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close