fbpx

Kiko Veneno no Teatro Principal de Ourense

Compárteo!

5 Abril, 2019 21:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

Kiko Veneno na ICC Week Ourense 2019

Kiko Veneno en Ourense

Con algúns dos discos máis importantes para entender a música en español e recoñecementos moi importantes, Kiko Veneno (1952, Xirona) leva máis de corenta anos creando cancións para si mesmo e outros artistas.

O seu primeiro disco (Veneno 1977) xunto aos irmáns Amador, e a súa participación na “Leyenda del Tiempo” de Camarón (1982) supoñen un fito que marcou camiño nunha nova forma de entender como pode mesturarse o flamenco con outras músicas e como pode interpretarse. Despois fixo cancións de todo tipo: electropop en “Si tu, Si yo” (1984); rock melódico en “Pequeño Salvaje”(1987); pop con aires africanos en “Dice la gente” (2010); pop tropical no “Pimento Indomable” (2012) ou flamenco mestizo para a película “Entre dos aguas” (2018). Destacar “Échate un cantecito” (1992) e “Está muy bien eso del cariño” (1995) que foron superventas e marcaron unha senda no pop aflamencado.

Ás veces difícil de clasificar, pero sempre creativo, presentará en 2019 “Sombrero Roto”, un disco rítmico e alegre no que os ambientes sonoros teñen ata cadencias electrónicas.

Recoñecementos: Premio Nacional das Belas Artes, Premio Nacional das músicas modernas; “Veneno” considerado o mellor disco do século XX en España por varias revistas especializadas; “Échate un cantecito” entre os considerados mellores dez discos do século XX por varias revistas especializadas…

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close