fbpx

JUAN PERRO Sexteto no Teatro Principal

Compárteo!

4 Abril, 2020 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

La imagen puede contener: 6 personas, personas de pieJuan Perro e os ritmos africanos do Festival Nómada Harmatán, primeiras novidades da Ourense ICC Week 2020.

Santiago Auserón (Zaragoza, 1954) Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e estudou tamén en Paris.

Participou na fundación do grupo musical Radio Futura, onde durante mais dunha década desenvolveu a súa faceta de cantante e compositor, con media ducia de discos e o recoñecemento en España e Latinoamérica como mellor grupo de rock español. Entre 1984 e 1995 investigou as raíces do son tradiconal cubano e produciu varias antoloxías históricas, entre elas a de Francisco Repilado “Compay Segundo”. En 1994 puxo en marcha o proxecto Juan Perro, onde combina as tradicións musicais afroamericana, afrocaribeña e hispana, xirando dende entón ata hoxe por España, Europa. Latinoamérica e EEUU.

Con Juan Perro, gravou outros seis álbums de canción orixinais. Tamén ten publicados numerosos artigos sobre música, filosofia e literatura e vários libros. Entre outros recoñecementos, recibiu en 2011 o Premio Nacional de Músicas Acutais do Ministerio de Cultura.

Juan Perro trae a Ourense o seu Tour 2020, “ Cantos de Ultramar”, avance do disco do mesmo nome que será publicado esta primaveira, onde segue mezclando a súa herdanza rockeira coa tradición musical cubana.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close