fbpx

Juan Carballo e Os Imperfectos n’O Carballiño

Compárteo!

9 Marzo, 2019 21:00

Sete Flores (O Carballiño)

Rúa das Flores, 7, 32500 O Carballiño (Ourense)

  • Localidade

    O Carballiño

Cunhas letras moi coidadas e un sorprendente son que camiña entre o folk e o rock, son capaces de orixinar experiencias e aumentar seguidores en cada concerto.
Juan Carballo & Os Imperfectos nacen a finais de 2018, logo de converterse coa mesma formación, Álvaro Cardalda e Pedro Falcón, nunha das novidades na escena musical, presentando o último álbum do artista galego. Un ano e medio de actuacións, ensaios e sesións de estudo materialízanse agora nun proxecto estable.

Juan Carballo é un poeta que fai concertos e grava discos. Seis publicacións e oito xiras nos últimos doce anos, avalan o seu traballo e convérteno nunha das referencias artísticas galegas. Flutuando sempre entre o mundo literario e o musical, pero adicado agora en exclusividade a este último, posúe unha voz propia, alonxada dos cánones oficiais e mantén sempre un traballo independente a modas e correntes.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close