fbpx

IX CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA – PARADA DE SIL 2021

Compárteo!

30 Xaneiro, 2021

Parada de Sil

Parada de Sil

Organizado Por

Concello de Parada de Sil

O Concello de Parada de Sil convoca a Novena Edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil 2021”, que estará aberta para a presentación de traballos ata o próximo 30 de marzo de 2021. O fallo do xurado darase a coñecer o 7 de maio, en tanto que a entrega de premios terá lugar o 15 do mesmo mes no salón de actos do concello, durante o acto de celebración das Letras Galegas que cada ano celebra o concello de Parada.

A IX Edición do Concurso de Microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL 2021, rexerase conforme as seguintes

BASES:

  1. Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
  2. Os microrrelatos serán de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos. Cada autor só poderá participar cun microrrelato.
  3. A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.
  4. A data de entrega finalizará o 30 de marzo de 2021. Para os enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.
  5. A presentación dos traballos poderase facer a través dos seguintes medios:
  6. Correo electrónico dirixido a: concursorelatos@paradadesil.es poñendo en asunto o título completo da obra. No devandito correo achegaranse dous arquivos en formato Word:
  • O primeiro conterá a obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo.
  • O segundo titularase PLICA (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito. Todas as plicas gardaranse nun cartafol protexido e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima. Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata o día de finalización do prazo de entrega de microrrelatos ao concurso.

Para calquera dúbida enviar correo a: concello@paradadesil.es

II: Correo postal. Os traballos remitiranse por triplicado á seguinte dirección:

“Concurso Microrrelatos, Concello de Parada de Sil”. Praza Campo da Feira nº 1. 32740 Parada de Sil. Ourense.

Os textos enviaranse tan só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, autor, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono así como unha declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.

  1. O Concello, como organizador, designará ao xurado competente que estará presidido polo catedrático, escritor e hispanista D. Antonio Carreño.
  2. O fallo do xurado farase público o 7 de maio de 2021 e será inapelable.
  3. Dotación e fallo do premio:

1º Premio 1.000 €

2º Premio    500 €

3º Premio    300 €

  1. A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 15 de maio de 2021.
  2. A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.

11.Todas as persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil á utilización do relato citando ao autor ou autora do mesmo.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close