fbpx
MARUXA P-90 Sabrafén Luthier
www.sabrafen.com

IVAN CARIDE “VOICES”

Compárteo!

4 Xaneiro, 2020 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Iván Caride é un músico e compositor ourensán que leva implicado no mundo da música desde a infancia. Con tan só 13 anos grava e publica coa banda Swiss Cottage, o álbum de estudo “ All We Need” e mantense activo nos escenarios.

En 2016 , con 18 anos, crea xunto ao seu pai a primeiro ópera-rock feita en Galicia, de nome “ The Rebel-Ou Rebelde”.

En 2017 recibe o premio a “Mellor Banda Sonora Orixinal” no festival Horror Films In Hotlanta, EE. UU. O álbum, de nome “ Voices” supón a culminación do traballo desenvolto por Iván Caride durante os últimos anos. Financiado a través dun crowdfunding exitoso que comprendeu os meses de xaneiro a marzo de 2019, e producido por Luís Antelo (Iván Ferreiro/Habitación Vudú) e algunhas cancións por Sebastián Mato. Caride aposta por un son moderno próximo ao das bandas máis exitosas do momento como Goldplay, pero sen renunciar ás súas influencias máis progresivas e rockeiras como Peter Gabriel, Phil Collins ou The Killers.

DÍA: 4 de xaneiro
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Música
PÚBLICO: Todos
TARIFA: 13€ – Entrada Única

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close