fbpx

Invisibles. Teatro n’A Rúa

Compárteo!

9 Marzo, 2019 20:00

Centro Cultural Avenida

Rúa do Progreso, 90, 32350 A Rúa, Ourense

  • Localidade

    A Rúa (Valdeorras)

Invisibles é un espectáculo de creación colectiva a partir da novela homónima de Monste Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental deste espectáculo é concienciar e sensibilizar ás espectadoras e aos espectadores con esta lacra que invade a sociedade.

Un lugar indeterminado.
Tres mulleres.
Sete testemuños reais.
Setenta minutos.
Un millón de razóns para falar do maltrato.
Non máis invisibles.

Invisibles é un espectáculo para maiores de 12 anos, debido ao contido dalgunha das situacións que se presentarán no mesmo. Pódese dicir que é un espectáculo para público adulto pero tamén cun grande interese para xente en idade adolescente, xa que é precisamente nese rango de idade no que rematan de formar as súas personalidades e no que comezan as súas primeiras relacións de parella. É o momento no que coñecer este tipo de situación pódelles levar a construír unha relación máis sa e a asentar os límites das súas relacións futuras.

Con este espectáculo preséntanse dúas grandes reflexións: a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. A compañía busca que o público desenvolva unha conciencia crítica e cuestione a realidade que o envolve para poder así transformala.

Invisibles quere respectar e conservar a necesaria dimensión lúdica do teatro, pero aproveitando tamén a súa capacidade transformadora.

Elenco artístico: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close