fbpx

Inauguración Expo ‘Las miradas del silencio’ (Fernando Clemente)

Compárteo!

9 Agosto, 2019 22:30

Fundación Vicente Risco

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

  • Localidade

    Allariz

Expo Las miradas del Silencio Fernando Clemente CartelInauguración da Exposición ‘Las miradas del silencio’, de Fernando Clemente.
(Haberá música e petiscos).

A exposición ‘Las miradas del silencio’ componse dunha serie de vinte e catro fotografías inspiradas, a maior parte delas, en obras de arte Barroco. Son imaxes que re-crean e reinterpretan pinturas de artistas tan eternos e tan vivos como Zurbarán, Caravaggio, Velázquez, Vermeer, La Tour e Rembrandt, entre outros, aínda que tamén esta silenciosa exposición alberga fotografías inspiradas en obras do século XX e imaxes relacionadas ou inspiradas no cinema.

O estilo, a estética e a posta en escena que ampara e ofrece ‘Las miradas del silencio’ é intencionadamente barroco (“…o noso tempo é barroco…”), onde o claroscuro é o elemento dominante.

Os sinais de identidade destas imaxes, tan reais como falsas, tan teatrais, son os diálogos calados e constantes que establecen as luces e as sombras, onde o retratado, o iluminado, non se sabe con certeza se vén das sombras ou se é que vai cara a elas.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close