Máis
19 Setembro, 2020 21:00
Teatro Principal de Ourense
Rúa Paz n°9, Ourense
Localidade
Ourense
IMOS TER MÁIS QUE PALABRAS Festival de arte e poesía explícita
Sheila Blanco, Ori Darko, Rochi Novoa, Missed Call, Arancha Nogueira, Wordnoise, Juan Manuel Vázquez, Manuel Blanco, Santi “O Pirata”, Cesar M. Catalina
POR QUÉ UN FESTIVAL DE POESÍA?
Unha vez pasada a fase máis dura, tráxica e cruel á que nos someta este virus Covid19, entraremos nunha nova época, nunha nova maneira de entender e de proceder nas nosas vidas, a todos os niveis; pero sobre todo a nivel emocional.
Teremos que aprender a ver a vida e todo o que nos rodea dende outras perspectivas e escalas de valores, teremos que exercitarnos en reflexionar doutra maneira e tamén necesitaremos aprender a comunicarnos con outros medios e formas. Pero sobre todo, necesitaremos todas e todos un obxetivo común, que non será outro que ser máis solidarios e imaxinativos.
Teremos que facernos preguntas a nós mesmos e atopar respostas que nos devolvan fortaleza e enerxía. Deberemos buscar, atopar e profundir na beleza de todo o que nos rodea.
Nos tempos novos que chegan, onde experimentaremos iso que chaman distanciamento social, terémonos que acostumbrar a ver as nosas caras cubertas con todo tipo de máscaras e que producirán un mar de rostros sen expresión. A mellor maneira de comunicarnos será medianta A PALABRA e para axudarnos a facernos preguntas, atopar respostas e sobre todo a ver a beleza do que nos rodea, temos, como sempre tivemos, a POESÍA.
Por esta razón, queremos comenzar este novo ciclo, esta nova etapa cun FESTIVAL DE POESÍA, poesía en todas as súas variantes, vertentes e estilos.
Un Festival da Palabra, un Festival da Beleza.