fbpx

II Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar, na aldea de Loñoá

Compárteo!

11 Agosto, 2019 11:00 - 21:00

Loñoá (Pereiro de Aguiar)

Loñoá, Pereiro de Aguiar

  • Localidade

    Loñoá (Pereiro de Aguiar)

Un ano máis, e despois da gran acollida que tivo a anterior edición, queremos anunciar que o 11 de agosto de 2019, teremos a 2ª Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar, na aldea de Loñoá.

Un encontro festivo artesanal no que pretendemos recuperar a cultura, actividades, oficios e vivencias do concello na primeira metade do século XX. Unha festa para lembrar uns, aprender outros, pero para gozar todas, a través da recuperación dos oficios existentes no concello. Para iso neste segundo ano queremos homenaxear á figura das mulleres no mundo do barro.

PROGRAMA COMPLETO:
II Festa Etnográfica Pereiro Programa

As mulleres oleiras eran todas aquelas que traballaban co barro e non só as que facían no torno, dende as oleiras, as que carretaban os cestos de barro, as decoradoras e cacharreiras ata as propias consumidoras. Un papel fundamental para que esta preciada artesanía saira cara adiante, e seguise viva até o día de hoxe.

O 11 de agosto teremos a recreación en vivo de diferentes oficios tradicionais galegos como son a cestería, a olería que nos acompañará dende Niñodaguia, Buño e Gundivós, os teares, a talla en madeira, os fotógrafos minuteiros, zoqueiros, cabaqueiros, e moito máis. De novo, teremos entorno a 30 artesáns, que nos mostrarán o seu delicado traballo e que nos darán a oportunidade de mercar algunha das súas pezas.

Ademais, contamos cun programa variado, adaptado a todo o público. Dende música, xogos populares, obradoiros infantís e para adultos, ata ruta etnográfica da olería tradicional de Loñoá e a apertura da Casa-museo do Oleiro de Loñoá, con moitas pezas de olería entre outros moitos aparellos e artiluxios curiosos, hoxe en día xa esquecidos e en desuso. E como non podía faltar nunha festa, haberá varios puntos onde poder xantar e degustar produtos da terra nun ambiente festivo e en boa compaña.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close