fbpx

II Feira dos Produtos Apícolas en Allariz

Compárteo!

15 Setembro, 2019 11:00 - 19:00

Praza de Abastos (Allariz)

Praza de Abastos (Allariz)

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

II Feira dos Produtos Apícolas en AllarizATENCIÓN! Con motivo de previsión de choivas para o domingo, a feira e todas as actividades programadas trasládanse á Praza de Abastos de Allariz.

Allariz celebrará o vindeiro 15 de setembro a súa II Feira dos Produtos Apícolas. Contará con máis de 25 postos de apicultorxs de Galicia e Portugal e os visitantes poderán desgustar as distintas variedades de meles e outros produtos apícolas.

Ademais, nesta xornada terá lugar a presentación do proxecto “Apiturismo Xacobeo 2021”, realizado pola Asociación Galega de Apicultura dentro do programa O Teu Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia. Trátase dunha exposición fotográfica “que amosará a beleza das paisaxes galegas e a milenaria tradición apícola, cunha arquitectura única no mundo”.

Programa:

Durante todo o día:

  • Exposición e venda de produtos apícolas (25 expositores de Galicia e Portugal)
  • Degustación de meles. Por Noela Torres, restauradora
  • Demostración: A esmelga. Por Benita Ferreiro, apicultora de Allariz
  • Demostración: Elaboración tradicional de candeas. Por Damián e Diego Copena, Investigadores do patrimonio apícola cereiro.
  • Exposición fotográfica: Apiturismo Xacobeo 2021
  • Exposición flora melífera
  • Espazo infantil

Na Paneira (Praza Maior)Praza de Abastos de Allariz (por previsión de choiva)
De balde, ata completar capacidade do local.

Ás 11.30 h. Presentación “Apiturismo Xacobeo 2021”
Por Suso Asorey voceiro de AGA, María Lorenzo apicultora do Courel, Carme Toba apicultora da Costa da Morte e Damián e Diego Copena investigadores do patrimonio apícola cereiro.

Ás 12.30 h. Obradoiro de cociña: “O mel no día a día”
Por Noela Torres, restauradora

Ás 17.00 h. Charla sobre as plantas das abellas
Por Manuel Lorenzo, apicultor e experto en botánica apícola

Na Praza Maior Praza de Abastos de Allariz (por previsión de choiva)

Ás 18.30 h. Concurso “O Mellor expositor” e sorteo de cestas.
Entrega do premio do concurso ó mellor expositor da feira e sorteo de varias cestas de produtos apícolas entre o público.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close