fbpx

II Concerto Petiscos Musicais. Piano e Viloncello

Compárteo!

27 Abril, 2019 21:00

Fundación Vicente Risco

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

  • Localidade

    Allariz

Petiscos Musicais abril 2019

2º concerto do V Ciclo de Música de Camara Petiscos Musicais, na Fundación Vicente Risco.

Con José Manuel Yáñez (piano) e Clara Groba (violoncello).

PROGRAMA

** Primeira Parte **
Standchen • F. Schubert
Saludo de amor • E. Elgar
Vals triste • F. Veksey
Meditation de Thais • J. Massenet
Khol Nidrei • M. Bruch
Lela • R. Mato/J. Durán

** Segunda Parte **
El cisne • C. Saint Saëns
Después de un sueño • G. Fauré
Melodía • J. Massenet
Bosques silenciosos • A. Dvorak
Elegía • G. Faure
Elegía • F. Bridge
Ave María • V. Vavilov / Caccini

Despois do concerto degustaremos un viño cos músicos, xentileza de bodegas Joaquín Rebolledo e Fina Rei artesáns reposteiros.
Aforo limitado 35 prazas, dando preferencia aos abonados. Concertos soltos: doazón mínima 15,00 euros.

Aquí podedes consultare descargar o programa completo dos 4 concertos deste V Ciclo de Música de Cámara Petiscos Musicais

— — —

PETISCOS MUSICAIS

No ano 2015 Fundación Vicente Risco encetou unha
nova actividade da mán da profesora de piano Cristina
Vázquez Canal.

Estamos a falar dos Petiscos Musicais, un ciclo anual de catro concertos (un por cada estación do ano) que tivo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara. Motivo que nos animou a programar unha nova tempada, da que achegamos
avance de programa.

Lembramos que a a capacidade da sala do piano é de trinta e cinco (35) persoas, polo que a inscripción será por rigorosa solicitude e pago do correspondente abono na conta da Fundación Vicente Risco.

A doazón mínima para o abono dos catro concertos
é de 30,00 €. Conforme á Lei do Mecenado os beneficios
da exención fiscal no caso de empresas é o 35 % e nos
particulares o 25 %.
Como en anos anteriores podedes sacar bonos de colaboración coas actividades da Fundación Vicente Risco, ingresando o prezo do bono na conta da Fundación do BBVA: ES8101826221620101503209.
Por favor indicade nome, nif e endezo fiscal de quen realiza o ingreso para vos beneficiar das exención fiscais que proporciona a Lei do Mecenado.

O prezo dos bonos son:
1.- Amigos/Mecenas da Fundación Vicente Risco, amigos de BenComún Espazo e socios de Via Vella de Ponte Canedo: 30,00 € (Para ser Amigos/ Mecenas da Fundación Vicente Risco só tendes que facilitar os vosos datos: nome, nif e endezo fiscal. Un teléfono de contacto. Un correo electrónico no que vos comunicar as actividades da Fundación).
2.- Público en xeral: 40,00 €
3.- Entradas soltas: 15,00 €

Lembramos que fin de dar uso ao piano, e con independenza de que se poidan organizar outros concertos puntuais, valoramos a posibilidade de que alumnos de piano que desexen practicar acompañados do seu profesor, poderán usar o piano. Aquelas persoas que colaboren cunha doazón poderán propor un alumno, aínda que non queiran adquirir os bonos para os concertos.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close