fbpx
MARUXA P-90 Sabrafén Luthier
www.sabrafen.com

I Aberto Internacional de xadrez Vila de Allariz

Compárteo!

27 Decembro, 2019 a 29 Decembro, 2019 Todo o día

Fogar dos Maiores de Allariz

Fogar dos Maiores

Organizado Por

Concello de Allariz

    I Aberto Internacional de xadrez Vila de AllarizO Fogar dos Maiores de Allariz acollerá dende o venres 27 ata o domingo 29 de decembro o I Aberto Internacional de xadrez “Vila de Allariz”.

    Ás 15:45h inaugurarase o torneo organizado pola Fundación Ramón González Ferreiro en colaboración co Concello de Allariz e Espazo BenComún, e dirixido por Ángel Ferreiro Estévez e o Club Xadrez Ourense.

    Coa idea de que o torneo se consolide e teña continuidade en Allariz, xorde, segundo explica o director do evento, “debido á inexistencia dun torneo así na provincia de Ourense e con motivo da gran afición que hai deste deporte, con grandes xogadores con premios galegos, estatais e incluso internacionais, como Iván Salgado, David Gómez e Adrián Gómez.”

    Trátase dun torneo válido para a clasificación ELO, FIDE e FEDA, no que poderán participar todos aqueles xogadores que estean federados.

    Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

    The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

    Close