fbpx

Homenaxe a Maria del Valle e Salud Torres, vítimas do fascismo

Compárteo!

23 Novembro, 2019 12:30

  • Localidade

    Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia)

Homenaxe a Maria del Valle e Salud Torres vítimas do fascismoMaria del Valle e Salud Torres foran detidas e levadas ó cárcere de Bande. O 29 de outubro de 1937 foron secuestradas e asasinadas sen piedade nun camiño. Recollidas por un veciño, foron soterradas no cemiterio de Mosteiro.

A instancias da familia, a ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) tentou recuperar os seus corpos en xullo de 2019 pero non foi posible polo mal estado de conservación do cemiterio parroquial. Agora propiciamos a colocación dunha sinalización no lugar onde foran soterradas, como lembranza e honra permanente.

Convocámosvos o sábado día 23 de novembro ás 12:30h en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) para a inauguración da placa na honra de María del Valle e Salud Torres.

No acto participarán poetas, músicxs, familiares, veciños e membros da ARMH.
Despois haberá un xantar de confraternidade no restaurante “Novo Frita” (Rúa do Toural, 16. Xinzo de Limia).

Para anotarse ó xantar poden mandar un correo a armhgalicia@gmail.com  ou un whatsapp ó número 658680904 indicando os nomes da persoas que acudirán.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close