fbpx

Hablar por hablar no Teatro Principal de Ourense

Compárteo!

26 Abril, 2019 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Hablar por Hablar

Hablar por Hablar

A produtora Cornejo Films estreou en xaneiro de 2018 o espectáculo “Hablar por Hablar”, inspirado nas historias de madrugada do lendario programa de radio da Cadena Ser. Baixo a dirección de Fernando Sánchez Cabezudo, o espectáculo pretende levar ao escenario dun teatro o ambiente dun programa de radio de madrugada. “Hablar por hablar”, explica o director, “é unha homenaxe á xente corrente que en soidade quere compartir un pedazo da súa humanidade”.

Cunha dramaturxia libremente inspirada nas historias dos oíntes do programa, no libro de Macarena Berlín e coa adaptación de textos do libro de Mara Torres, no texto colaboraron cinco prestixiosos autores: Juan Cavestany, Yolanda García Serrano, Anna R. Costa, Juan Carlos Rubio, e Alfredo Sanzol, que idearon diferentes historias contadas por persoas anónimas alén da liña de teléfono.

A montaxe teatral tratará de rescatar a alma do programa, das chamadas, da noite, dos oíntes, introducirnos nas súas vidas, nos silencios, nos momentos previos ou posteriores a unha chamada onde quizais non atoparemos historias que encherían as primeiras páxinas do periódicos pero que estarán cargadas de humanidade.

DURACIÓN: 1 hora e 25 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro contemporáneo
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:
20€ – Butaca de Patio e Platea
20€ – 1º Andar
15€ – 2º Andar
12€ – Paraíso e VR

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close