fbpx

Habitación Vudú en Xinzo de Limia

Compárteo!

Comeza en 1 Día, 5 Horas

19 Xullo, 2019 23:30

Praza Carlos Casares, Xinzo de Limia

Praza Carlos Casares, Xinzo de Limia

  • Localidade

    Xinzo de Limia

 Habitación Vudú en Xinzo de LimiaFalar dos irmáns Freiría, Justo e Jose, é falar de música. Os seus inicios remontánse á súa xuventude, cando pasaban as tardes tocando xuntos. O tempo vai pasando, as ideas xurdindo, e coa chegada de Rubén, un amigo baxista, consolídase o núcleo do que será Habitación Vudú. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.

O verán  de 2016 Habitación Vudú consiguen consolidara súa traxectoria xa que forman parte do cartel do Festival Cultura Quente de Caldas de Reis (Pontevedra). Tamén nese mesmo verán son elexidos para abrir o concerto que The Gift daría en Montalegre con motivo das festas desa localidade lusa, celebrando os 20 anos de vida do grupo portugués.

En 2017 entran de novo no estudio para grabar novo material que verá a luz próximamente.

Formación: Jose Freiria (voz e guitarra), Justo Freiria (batería), Rubén Seoan (baixo) e Isidro Vidal (guitarras)

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close