fbpx

Guadi Galego. IMMERSION no Teatro Principal

Compárteo!

28 Novembro, 2019 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Guadi Galego. IMMERSION no Teatro PrincipalPresentación do seu último traballo discográfico ‘IMMERSION‘.
Entrada de balde. Recollida de invitacións 1 hora antes na billeteira do Teatro Principal.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. En 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001) foron calorosamente recibidos pola crítica e obxecto de varios premios e recoñecementos (entre eles o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos de 2002). Seguiunos 10.0 (2006), que acadou o segundo Premio Opinión a Mellor Disco Galego do ano e foi candidato aos Premios da Música co seu tema “Xente”. Para daquela Guadi xa comezaba a experimentar con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@s (con Abe Rábade e Ugia Pedreira), ambas tamén galardoadas co Premio a Mellor Disco Galego.

Finalmente, no 2009 sae á luz Benzón, álbum aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira en solitario, sen deixar de participar noutros proxectos. Así, no ano 2012 sae o disco aCadaCanto, proxecto intimista onde traballa unha vez máis con Guillerme Fernández, acompañada tamén por Xabier Díaz na voz e Xosé Lois Romero no acordeón. No 2014 ve a luz o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, sae o terceiro, O mundo está parado. Este disco viaxa do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia, elaborando unha sonoridade envolvente con arrecendo pop que reapareceu no EP Bóla de cristal (2018). Para 2019 prepara a publicación de Immersion, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da que adiantou unha versión de “Cedeira” na que colabora Iván Ferreiro.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close