fbpx

Fragamentos da Natureza de Brais Seara + Gutier, concerto acústico

Compárteo!

Máis

14 Xuño, 2019 20:00

CSA Cambalhota

Camiño do Castelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Expo Fragamentos da Natureza de Brais Seara concerto de GutierInauguración da exposición Fragmentos da natureza, do fotógrafo alaricano Brais Seara, no CSA Cambalhota de Allariz e concerto acústico a cargo de Gutier.

É estraño asimilar como cada ser humano percibe o mundo dunha forma completamente diferente. Un mesmo entorno ofrece infinitas variacións, e todo cambia en cuestión de segundos; luces, cores, formas… tan só a expensas da mirada que hai detrás.

Esta exposición presenta a visión da natureza a través dos ollos de Brais Seara, un xove fotógrafo capaz de plasmar nas súas imaxes a delicadeza da nosa contorna en estado puro.

Nado en Allariz en 1981, desenvolve a súa obra centrándose na natureza e prestando unha detallada atención a cada especie ou paisaxe. Cada unha das súas fotografías é o reflexo dunha complexa transacción entre o que observa, o que interpreta e o que busca mostrar, seleccionando para o espectador un instante único e especial.

As súas imaxes son a proba do subxectivo que chega a ser incluso aquilo que consideramos impersoal, transformando realidades en experiencias individuais capaz de ser xulgadas de forma diferente por cada persoa. Un artista para o cal cada momento e lugar é bo para capturar instantes, xa sexa debido ao azar ou aos encontros máis pacientes tras horas de espera.

Con fotografías realizadas en Galicia, España, Finlandia, Escocia ou Inglaterra, móstrase esta pequena selección de escenas tan sublimes como persoais de Fragmentos da natureza.

(Texto de Patricia Gómez)

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close