fbpx

Festival Ponte Louco. Terra de Caldelas

Compárteo!

23 Agosto, 2019 a 24 Agosto, 2019 Todo o día

Castro Caldelas

Castro Caldelas, Ourense

  • Localidade

    Castro Caldelas

Festival Ponte Louco. Terra de CaldelasO festival Ponte Louco terá lugar os vindeiros días 23, 24 e 25 de agosto. Está organizado pola ACX O Irrio en colaboración co Concello, e o bono terá un prezo de 5 euros. Así, a acampada será de balde.

Magín Blanco e a Banda das Apertas inaugurarán as actividades cun espectáculo infantil na Praza do Prado o venres 23 ás 17:00 horas. A continuación, os cantos de taberna inundarán os bares da vila ás 19:00 horas. Entre os grupos que actuarán neste singular percorrido polos bares estará o das Macizas Centrais de Trives. A xornada rematará co concerto de Loro & The Blues Fellas na Praza do Prado ás 23:00 horas.

O sábado 24 comezará coa Feira de Artesanía ás 11:00 horas e as Louco Olimpiadas ás 11:30 horas. Así, xa pola tarde, haberá xogos populares ás 16:00 horas e Anxo Moure será o contacontos ás 17:30 horas. Ás 20:00 horas terá lugar o pasarrúas Trópico de Grelos para que ás 23:30 horas comecen os concertos no castelo. Os artistas que actuarán serán García MC e nación Quilombo, El Bastón de la Vieja, The Lelli Kelly´s e o picadiscos Dani Carballo.

O domingo 25, a Praza do Prado acollerá o concurso de tortilla ás 12:30 horas, e o concerto de Sofía Espiñeira pechará o festival, ás 19:00 horas na Avenida de Ourense.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close