fbpx

Festival Costeira Sonora

Compárteo!

Comeza en 11 Días, 10 Horas

28 Setembro, 2019 17:00

Pazo de Toubes (Cenlle)

Bodega Pazo de Toubes Outeiro 2 32454 Cenlle

  • Localidade

    Cenlle (Pazo de Toubes)

Festival Costeira SonoraFESTIVAL COSTEIRA SONORA
Coincidindo cos últimos días da vendima, Costeira Sonora chega ao corazón do Ribeiro para maridar os praceres de escoitar boa música e degustar un bo viño.

O último sábado de setembro desde as 17h, no recentemente rehabilitado Pazo de Toubes i entre máis de 8 hectáreas de viñedos, as propostas musicais de ÁNGEL STANICH TRIO, EL MEISTER, LAS CHILLERS, MARÍA YFEU e SURMA uniranse aos caldos de Viña Costeira (D.O. Ribeiro), nunha experiencia enomusical de dobre disfrute.

Se amas o viño, se amas a música, se tés gana de novas experiencias, non podes perderte esta aventura de maridaxe sonora que ideamos como unha colaboración interdisciplinar entre músicos e sumilleres. Asociaremos un viño a cada artista, como acompañamento sensorial a cada concerto, para estimular e potenciar a experiencia musical. Atréveste?

COMO CHEGAR A COSTEIRA SONORA?

Por motivos de seguridade e debido á limitada capacidade das vías, o acceso en coche ao Pazo de Toubes estará restrinxido á organización.

É por isto que habilitaremos un servizo de lanzadeiras gratuíto para chegar a Costeira Sonora desde a contorna.

Ademais queremos facilitarche os desprazamentos seguros, e se vés a Costeira Sonora desde Ourense, ofrecémosche conexión directa, para que poidas deixar o coche na casa. Por só 5 euros máis, coa entrada ao evento podes reservar transporte de ida e volta desde a capital á porta mesmo do recinto.

Máis info e horarios en https://sonora.costeira.es

ENTRADAS:
Prezo: 30€ + Gastos de xestión.
Transporte ida e volta Ourense: + 5€.

PROGRAMACIÓN:

ÁNGEL STANICH | Pasaron xa cinco anos anos de “Camino Ácido” (2014), co que o daquela descoñecido Ángel Stanich irrompía como unha referencia vigorosa de renovación musical, aclamada por músicos, medios e público. Desde entón, correron tempos máxicos e frenéticos para este cantautor lisérxico, de voz estraña, e barba e cabeleira hirsutas. Incontables concertos e festivais sorprendendo ao seu paso con esa incrible personalidade salpicada de imaxes cinéfilas, mañas surrealistas e ironía. Unha travesía apuntalada en himnos xeneracionais que abriu a porta a novas aventuras no universo Stanich.
Con “Antigua y Barbuda” (2017) e o EP “Máquina” (2018), o cántabro segue a facer colección de boas críticas. Vence e convence desde a marxinalidade e o enigmático do seu destino.

EL MEISTER | El Meister é o alter ego de Javier Vielba, a voz e a cara visible de Arizona Baby e Corizonas, dúas das bandas con máis presenza no rock español dos últimos anos. Nesta aventura persoal, o valisoletano é unha personaxe musical intransferible que contén en si a un dos talentos máis engaiolantes do pop nacional. El Meister é un fenómeno inclasificable. É folk disidente. É electrónica desconforme. É indie distinto. É, nin máis nin menos que El Meister, cuxa música, á que el etiqueta como “música cósmica americana” é decididamente entusiasta, e resulta estrañamente adictiva e hipnótica -tal e como pasa cos máis grandes-. Acordes que se enchoupan de todas as artes, inspirados no cine, a literatura ou a fotografía. Sons cheos dunha beleza que ergue un universo sorprendente e único, maduro, complexo, amplo e persistente, como o viño que maridará co seu concerto en Costeira Sonora.

LAS CHILLERS | Rocío, Belén, Esperanza, Laura, Pilar e Adela son Las Chillers, un grupo de amigas que o pasan pipa sobre o escenario e contaxian da súa diversión a calquera público. Todo principiou hai cinco anos, nunha festa de aniversario entre amizades. Desde entón, as madrileñas veñen rachando esquemas na industria musical e coláronse nos grandes medios do estado a base de frescura, discurso propio e unha boa escolma de clásicos do imaxinario popular.

MARÍA YFEU | María Yfeu desborda un talento precoz. Con só vinteún anos, esta andaluza compón, crea, toca e canta, nunha rutina diaria invadida pola música. “Grudges”, e “Let it Grow (up)”, as dúas cancións de avance do que será o seu primeiro disco, que verá a luz no outono, convertérona nos últimos meses nunha revelación do soul nacional para crítica e público. Todo fai presaxiar que pronto será unha das voces máis destacadas do circuíto independente español i europeo.

SURMA | Nacida nunha pequena aldea do Vale do Horto, no distrito portugués de Leiria, desde ben cedo a vida de Débora Umbelino encheuse de aventuras musicais. Logo de ser vocalista en algunhas bandas, hai catro anos comezou a súa carreira en solitario, xa como Surma.
Estudou contrabaixo nunha escola de jazz, pero iso nunca lle impediu aprender a tocar outros aparellos sonoros ao seu alcance. E así, equipada cunha voz envolvente e cálida, e ese talento seu de multiinstrumentista, condensa guitarras, teclados, sintetizadores e loops para mergullar no seu mundo a quen a escoita.
A súa música combina influencias da música ambiental, do post-rock ou o jazz para articular un resultado que vén colleitando boas críticas nos medios internacionais, e que sonou xa en clubes míticos e festivais de medio mundo.
Surma trae un son único e íntimo, amplo en texturas, limpo, fresco e brillante, como o viño que maridará co seu concerto en Costeira Sonora.

EME DJ | Marta Fierro, máis coñecida como EME DJ, é unha das picadiscos máis importantes na escena indie-disco en España. En 2010, 2011 e 2014 foi recoñecida como Mellor DJ Nacional pola revista Rockdelux, colleitando tamén outros premios que a colocan no top nacional da última década.
Compaxina diversas actividades musicais (radio, produción, masterclasses e obradoiros de DJ…) namentres viaxa coa súa maleta de discos por todos os clubes, eventos, e festivais do país e do estranxeiro; xa pinchou no FIB, no Sónar, o BBK, o Sonorama, nos MTV Europe Music Awards, ou no SOS 4.8, entre moitos outros.
Hiperactiva e inqueda por natureza, ademais de publicar seis EPs de colleita propia, ten realizado remixes e producións para diferentes artistas, e saiu tamén do eido musical, publicando en 2015 o libro “Mamá quiero ser DJ”, editado por “Lee/me Libros”.

EME DJ | DJake é o ourensán Jacobo Feijóo, músico membro da banda White Bats, e picadiscos habitual nas cabinas de Malasaña (Madrid); varias veces ao mes, as súas sesións fan parada en locais míticos como TupperWare Club, Madklyn ou Wharf 73.
Ten pinchado para marcas como Tommy Hilfiger ou Mahou, e xa paseou co seu set por salas e festas en Ochoymedio Club, Independance Club, Sala El Sol, Sala Maravillas, Hotel ME Reina Victoria, El Sótano, Moby Dick, Comba Club ou Mondo Club (Vigo).
Ademais neste verán 2019 estivo pinchando dando peche a unha das xornadas do Bilbao BBK Live.
As súas sesións combinan tanto clásicos contemporáneos como novidades recén publicadas, e xéneros que van desde o indie rock ao britpop, indie pop, post-punk, synthpop ou indietrónica, cun devir brillante, vibrante i equilibrado, como o viño que maridará coa súa picada en Costeira Sonora.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close