fbpx

Festas Etnográficas Queiroás. Seitura.

Compárteo!

20 Xullo, 2019 09:00

Queiroás da Igrexa (Allariz)

Queiroás da Igrexa (Allariz)

  • Localidade

    Queiroás da Igrexa (Allariz)

Festas Etnográficas QueiroásAllariz celebra unha nova edición das Festas Etnográficas, na que os veciños e veciñas de Queiroás da Igrexa e Seoane, recrean ao longo do verán as labores relacionadas coa elaboración do pan de xeito tradicional.

As festas darán comezo coa representación, en Queiroás da Igrexa, da tradicional seitura, onde se recrea como era unha xornada de traballo no campo onde homes e mulleres compartían as tarefas cun fin común.

En Queiroás tamén se representará a malla no vindeiro mes de agosto. O ciclo continúa no Muíño do Burato para realizar a moenda e por último, á Torre de Seoane, onde ten lugar a fornada. Aquí sairá o pan acabado de cocer ao estilo tradicional e cen por cen de Allariz.

PROGRAMA

09:00h – ENCONTRO DE SEGADORES NA “PEIOUQUIÑA”.
10:00h – COMEZO DA SEGA NO EIDO DA “PENARREDONDA”
11:00h – PARADA PARA 0 ALMORZ0 PARA A PARVA (PINCHOS E DOCES)
12:00h – ATADO E ENMEDADO DE MOLLOS PARA FACER AS DIFERENTES MEDAS NO EIDO
14:30h – XANTAR NA “BIDUEIRA DO KIKO. FOLIADA CON GAITEIROS E MÚSICA GALEGA

MENÚ 13€ (Apuntarse antes do mércores 17 de xullo)
Venda: Organización / Oficina de Turismo de Allariz (637 841 604) / 666 473 337 / 697 969 128

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close