fbpx

Festas Etnográficas Queiroás. A Malla.

Compárteo!

3 Agosto, 2019 09:00 - 18:00

Queiroás da Igrexa (Allariz)

Queiroás da Igrexa (Allariz)

  • Localidade

    Queiroás da Igrexa (Allariz)

XIX FESTA DA MALLAAllariz celebra unha nova edición das Festas Etnográficas, na que os veciños e veciñas de Queiroás da Igrexa e Seoane, recrean ao longo do verán as labores relacionadas coa elaboración do pan de xeito tradicional.

O sábado 3 de agosto continúa o ciclo coa XIX FESTA DA MALLA

PROGRAMA

09:00h – Encontro de veciños e medeiros na Aira Vella da aldea para facer a carrexa.
10:00h – Mostra de ferramentas e material de labranza na palleira do Paco.
Exposición de poemas e fotografías sobre os labores da sega e da malla polas airas do lugar.
11:00h -Recreación das diferentes formas de mallar:
– Malla a pedra coas mazas na Aira de Abaixo.
– Malla con mallos ou males na Aira do Fondo.
– Malla con motor e malladora no Cruceiro.
14:30h – XANTAR NA “BIDUEIRA DO KIKO. FOLIADA CON GAITEIROS E MÚSICA GALEGA

Acompañamento da agrupación musical durante toda a xornada.

MENÚ 13€ (Apuntarse antes do mércores 31 de xullo):
– Empanada de forno de leña, salpicón e pementos recheos, carne estofada con guarnición en ensalada, pan, viño, bica, café e licores.

Venda de tíckets: Organización / Oficina de Turismo de Allariz (637 841 604) / 666 473 337 / 697 969 128

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close