fbpx

Festas de San Bieito en Allariz

Compárteo!

11 Xullo, 2019 Todo o día

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

Festas de San Bieito AllarizFestas patronais de San Bieito en Allariz.

Xoves 11

20:30 Concerto a cargo da Agrupación Coral Arnoia, na Igrexa de San Bieito.

Venres 12

11:00 Disparo de bombas anunciando a festa.
11:00 Cata a cargo da D. O. Valdeorras para a hostalería, na Paneira. Previa inscrición, na Casa da Cultura.
19:00 Cata a cargo da D. O. Valdeorras para público xeral, na Paneira. Previa inscrición, na Casa da Cultura.
20:00 Xornadas Gastronómicas. Produtos do mar e da terra do Concello de Carballo e viño da D. O. Valdeorras, na Barreira. Actuación dos grupos de música Aló Django e Soul & Roll.

Sábado 13

11:00 Disparo de bombas.
11:30 Desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados da agrupación De Pé Feito, dende a Casa da Cultura.
12:30 Trio Refugallo co espectáculo Ritmo Refugallo, na Barreira.
18:30 Arnoia Radical. Carreira de obstáculos infantil-familiar, para nenos e nenas de 4 a 15 anos acompañados de adultos, no Ferradal. Inscricións na Piscina Municipal ata o xoves 11 de xullo.
20:30 Concerto da Banda Unión Musical de Allariz, na Alameda.
21:30 Baile co grupo Nebraska, de Ourense, no Campo da Barreira.
00:00 Verbena co grupo Nebraska, de Ourense, na Barreira.

Domingo, 14

10:00 Disparo de Bombas, anunciando o día grande das Festas.
10:00 Pasarrúas a cargo da Banda Filarmónica Fundação Brasileira das Açores, Portugal.
11:00 Actuación da Agrupación de Música Tradicional Candaira de Castrelo do Val, na Barreira.
11:30 Procesión Solemne do Patrón da Vila, acompañada dos Xigantes e Cabezudos, Agrupación De Pé Feito, Banda Filarmónica Fundação Brasileira das Açores e Agrupación de Música Tradicional Candaira. Ao remate terá lugar a Misa Solemne.
13:30 Concerto da Banda Filarmónica Fundação Brasileira das Açores, Portugal, na Alameda.
20:00 Concerto da Banda Filarmónica Fundação Brasileira das Açores acompañados de Vânia Dilac, finalista da Voz Portugal 2018, na Alameda.
21:00 Baile amenizado pola Orquestra La Ocaband, de Pontevedra, na Barreira.
00:30 Espectáculo de Pirotécnia, a cargo de Josman, no Campo de Vilanova.

Actos Relixiosos

Do 5 ao 13 de xullo:

Novena de San Bieito ás 19h30.
Misa ás 20:00.

Xoves 11

Misas dende as 08:00, cada 45 minutos.
Ás 12:00 Misa Solemne.

Domingo 14: Misas dende as 8:00 cada 45 minutos.
Ás 11h30 Procesión e Misa Solemne ao remate.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close