fbpx

Festa do Pemento de Oímbra

Compárteo!

4 Agosto, 2019 Todo o día

Oímbra

Oímbra

  • Localidade

    Oímbra

Comida popular celebrada na Carballeira. Outra especialidade da horta galega, o pemento branco de Oímbra (Ourense), ten tamén a súa exaltación gastronómica e o seu recoñecemento como festa de interese turístico galego. Unha comida popular na Carballeira, o primeiro domingo de agosto, é o evento estrela do labor de promoción do pemento branco. Nos últimos anos está conquistando os mercados galegos e é sinal de identidade desta localidade da comarca de Monterrei. A festa leva celebrándose desde 1997 e atrae cada ano unhas 4.000 persoas.

Aínda que o maior atractivo da feira é o momento da comida, na que veciños e visitantes degustan tanto pementos brancos como carne, empanada ou polbo, o ambiente está animado desde primeiras horas, con concursos de pratos elaborados con pemento branco, degustacións gratuítas de pementos, expositores de venda de produtos artesáns, do campo e ferramentas agrícolas, actuacións folclóricas e incluso inchables para os nenos e nenas.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close