fbpx

Festa do Peixe de Bande

Compárteo!

14 Xuño, 2019 Tódolos Días

Bande

Bande

  • Localidade

    Bande

Bande acolle a Festa do Peixe, que xa pasa dos 40 anos, coa intención de promover a riqueza gastronómica, así como dar a coñecer as potencialidades turísticas da zona cun concurso de pesca.

O seu nacemento débese á iniciativa dun grupo de amigos que compartían a súa paixón pola pesca e decidiron organizar un concurso que se repite ano tras ano ata a data de hoxe. O seu arraigo superou o paso do tempo, e na actualidade é unha das máis antigas de Ourense.

Tamén aumenta o número de pescadores que acoden a esta cita anual e a procedencia destes. Para levar a cabo o concurso, o Concello de Bande conta todos os anos coa colaboración da Federación Galega de Pesca, que se encarga de velar polo bo transcorrer do evento, realizar as pesadas e da entrega de trofeos. No concurso só se admite a captura de boga e escalo.

Ademais do campionato, a festa conta con obradoiros, charangas, actuacións musicais, mercados de artesanía e antigüidades, unha ruta cabalar e a degustación de diferentes preparacións de peixe, sen esquecer os doces, viño, pan de millo e outros pratos típicos de Bande e A Baixa Limia. Así, nos tres días poden chegar a degustarse ata 4.000 pezas de peixe na Praza da Constitución.

Unha das últimas novidades incorporadas á festa é a degustación dunha empanada en forma de peixe de máis de 15 metros. Bande conxuga con esta convocatoria de xeito harmonioso aspectos gastronómicos, culturais, deportivos e ambientais.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close