fbpx

Festa do Entroido en Allariz

Compárteo!

Máis

4 Marzo, 2019 a 6 Marzo, 2019 17:30

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

Allariz celebra, do 4 ao 6 de marzo, a tradicional Festa do Entroido, tres días de festa para todas as idades.

O luns día 4 inaugurase o Entroido en Allariz coa festa infantil, a partir das 17:30h no pavillón do Instituto. Haberá animación, música con Dj e actuación da batucada infantil.

Pola noite, ás 21:30h, terá lugar unha nova edición da Cachuchada que organiza a Asociación Cultural Xan de Arzúa. A Batucada alaricana Axóuxere será a encargada de amenizar a festa. Para participar é preciso acudir disfrazado e adquirir o tíquet, de 10 euros (gratis para os menores de 8 anos) nos establecementos colaboradores.

O martes de Entroido, o desfile de comparsas sairá, se o tempo acompaña, ás 17:30h dende a Estrada de Xunqueira (fronte aos Salesianos), amenizada pola charanga Castro Bello de Ourense. Ao rematar haberá baile cun Dj.

O mércores terá lugar o Pranto de Entroido. Ás 20:00h comeza a queima do meco despois do paseo dende a Praza Maior ata o Campo dos Brancos, onde se recitarán as coplas satíricas propias da xornada.

Concurso de Comparsas 

Ata o día 1 de marzo está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no desfile. A orixinalidade, a elaboración, a escenificación do disfrace e o acompañamento musical son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas.

As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar aos seguintes premios: 200€, 150€, 100€ e 50€ para os catro primeiros clasificados.

Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@allariz.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close