fbpx

Festa da Empanada de Allariz

Compárteo!

17 Agosto, 2019 a 18 Agosto, 2019 Todo o día

Allariz

Allariz, Ourense

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

Festa da Empanada AllarizOs días 17 e 18 de agosto Allariz celebra a Festa da Empanada.

O programa ábrese o SÁBADO 17 ás 17:00h co tradicional campionato de Billarda no Campo da Barreira e, pola tarde, ás 18:00h, disputarase unha nova edición do tríatlon “Vila de Allariz” con saída dende a Alameda.

Ás 20:30h comeza a música, con María Faltri e Jorge Juncal, que farán un repaso polas tradicionais cancións infantís galegas, e ás 24:00h terá lugar o concerto de Habitación Vudú nos xardíns do Museo do Coiro.

Xa o DOMINGO 18, ás 11:00h, A Banda Unión musical de Allariz encabezará o pasarrúas.
Á mesma hora celebrarase a Regata de Piragüismo dende o embarcadoiro da Alameda e ábrese a festa campestre no Campo de Vilanova onde haberá postos de empanada durante todo o día.

Ás 12:00h desfilarán os Xigantes e Cabezudos acompañados polo grupo de gaitas De Pé Feito, dende a Casa da Cultura ata o Campo de Vilanova e ás 13:00h concerto da Banda Unión Musical de Allariz.

Pola tarde disputarase o Trofeo de Fútbol Festa da Empanada, no Seixo, e a partir das 19:00h máis música co concerto de Laroá e a orquestra Grupo D´Moda.

Tendes tamén o programa detallado na imaxe:
Festa da Empanada Allariz Programa

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close