fbpx

Festa da Androlla en Viana do Bolo

Compárteo!

21 Febreiro, 2019 Todo o día

Viana do Bolo, Ourense

Viana do Bolo

  • Localidade

    Viana do Bolo

Os folións, acompañados por boteiros, percorrerán a vila

A androlla é un embutido típico da comarca de Viana, que se fai en tripa gorda, afumada como un chourizo, e reenchida de costela de porco tallada e adobada con carne, todo sazonado con sal, pemento doce e picante e un pouco de allo. Necesita afumarse durante dez días e secarse durante uns dous meses antes de estar lista para cociñar.

O Domingo de Entroido, este produto elaborado con carne de porco é o produto estrela da xornada en Viana do Bolo e son moitas as persoas que acoden a degustala, acompañada de cachelos e de grelos, en medio do ambiente festivo propio do Entroido, un dos máis orixinais da provincia de Ourense.

Aquí a personaxe típica é o boteiro que, coa súa máscara de madeira de cor negra rematada por unha pantalla con armazón de arame recuberta de tiras de papel de seda de cores e os seus saltos, garda reminiscencias de culturas exóticas. Rechamante tamén polo colorido das fitas de tea que cobren a súa camisa, que forman debuxos xeométricos ou florais, o boteiro é o encargado de abrir paso aos folións e manter a orde da comparsa. Moi respectado polo público, cos seus movementos ten a habilidade de facer que as chocas do seu cinto, de distintos tons, soen como é axeitado en cada momento.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close