fbpx

Festa 16 Aniversario Canedo Rock

Compárteo!

Comeza en 12 Días, 6 Horas

5 Outubro, 2019 12:30 - 23:30

Café Cultural Auriense

  • Localidade

    Ourense

Festa 16 Aniversario Canedo RockO vindeiro 05 de outubro celebramos os nosos 16 anos na rede de redes como sempre con boa música. Nesta ocasión novamente acompañarannos catro grandes bandas. Apostando por bandas da terra e da nosa cidade en especial, e máis nunha época na que parecen cernerse negros nubarróns para a cultura en xeral da outrora Atenas de Galicia.

Así na Sesión Vermú poderemos desfrutar das cancións das ourensás The Tetas’ Van que fan de cada concerto seu unha festa da música.

Xa pola tarde os ourensáns Malheira serán os encargados de dar o pistoletazo de saída a nosa festa ca sua enerxía vital de sempre a base de bo Punk Metal Galaico.

Os seguirán Dagla, os coruñeses, aínda que con algunha raíz ourensá, tras haber deixado moi bo sabor do boca no último Resurrection Fest chegan a Cidade das Burgas por primeira vez para presentar as cancións do seu primeiro traballo “El Enemigo”. Stoner Rock de alto octanaxe para romper pescozos.

Pecharán a Festa os ferroláns Pölisong, xa coñecidos polos máis rockeiros da cidade, veñen a presentarnos as cancións do seu flamante novo disco “Soul Revolution”, un traballo cheo de grandes temas de Hard Rock cun son totalmente internacional. Altamente recomendables.

Todos os concertos celebraranse no Café Cultural Auriense de Ourense o vindeiro 05 de outubro, sábado. Estes son os horarios:

Sesión Vermú: 12:30h con entrada gratuíta
Concertos: 20:30h cunha entrada única de 10€ (Venda anticipada en Chiripa, El Patio andaluz, Cervexaría O Moucho e Café Auriense)

Esperámosvos

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close