fbpx

Feira do Viño de Monterrei

Compárteo!

9 Agosto, 2019 a 11 Agosto, 2019 00:00

Verín

Verín, 32600 Ourense

  • Localidade

    Verín

XIV Feira do Viño Monterrei en VerínXIV Feira do Viño Monterrei, do 9 ao 11 de Agosto en Verín.
O acto inaugural da será o venres 9; nesta edición o pregoeiro será o coñecido actor Rubén Riós.

Durante toda a fin de semana Verin recibirá a miles de persoas que se achegarán ás casetas para degustar os viños e a gastronomía de Monterrei. Un completo programa con música e actividades durante toda a fin de semana.
– Poderás degustar viños de 17  adegas da D.O. Monterrei.
– Casetas abertas dende o venres as 20.00h ate o domingo as 23.30h

Venres 9, na Praza García Barbón, El Consorcio, agrupación musical formada en 1993 polos cantantes Amaya, Estíbaliz e Iñaki Uranga, Sergio Blanco e Carlos Zubiaga, ex-compoñentes do coñecido grupo vocal español Mocedades.

Sábado 10
Ás 23:30 horas, da man de Remember Queen, considerada como unha das mellores bandas tributo que existen deste icónico grupo;
A partir da 1:30 horas, será a quenda de En Mala Hora Rock & Roll Band, agrupación musical ourensá que versiona temas coñecidos e temas esquecidos entre os discos de grandes estrelas de Rock & Roll e do Blues, entre moitos outros xéneros.

Domingo 11
Ás 21:30 horas, a Praza da Alameda, acollerá a actuación do grupo de folk tradicional Leilía, que presenta o seu novo traballo discográfico “CantarElas”.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close